Realcode

Colofón

Esta web e a intranet correspondente foron realizadas pola Navalla suíza no último trimestre de 2011. Foi presentada o 28 de novembro dese ano.


No proceso de creación da web só se empregou software libre.

  • O servidor corre baixo Debian Squeeze.
  • As páxinas sérveas un Apache 2.2.15.
  • O sitio está construído co framework de php phpCan sobre php5, e co framework de CSS cSans. Estas dúas ferramentas foron desenvolvidas pola Navalla suíza.

O logotipo de Real Code é unha creación de Pancho Lapeña. A tipografía usada nel é a MoolBoran, deseñada por Om Mony para Microsoft. No resto da web úsase como tipografía básica a Arial.


As cores dominantes son dous tons diferentes de azul (#02647F e #E7F5F4), ademais do branco, o negro e o gris #666666, xaora.