Realcode

INSTITUTO DE LIDERAZGO LAS SEGOVIAS

Mozonte Nueva Segovia ( Nicaragua )

www.ilsegovias.org

O Instituto de Liderazgo de Las Segovias (ILLS) é o resultado da experiencia de traballo que, co apoio da organización española Axuda en Acción, foi desenvolvido no Departamento de Nueva Segovia (Nicaragua) dende 1996. Dezaseis anos de traballo sobre o terreo, que achegan importantes experiencias no desenvolvemento humano, fundamentalmente das mulleres, nun entorno de pobreza extrema. Nun entorno onde ser muller e indíxena e o pasaporte para caracer de oportunidades.
Desa experiencia nace o Instituto de Liderazgo de Las Segovias (ILLS). Esta institución pretende afondar, unha vez  a organización española que os apoiou abandona o territorio, no traballo realizado. A pesar dos éxitos, os problemas, moi importantes, continuan na rexión.

O ILLS nace coa misión de propiciar os desenvolvementos alternativos, individuais e colectivos, esperanzados e eficaces na transformación articulada da actual sociedade.

Toda persoa pode e debería ter a posibilidade de ser protagonista, en superar ese estado, en algún quefacer nos que está envolto en algún momento da súa vida.
E o máis importante: a formación contribue, profundamente, a que haxa máis protagonistas cumplindo o seu papel transformador.
Por tanto, e cos argumentos sustentados anteriormente, o ILLS marcouse coma obriga a creación duna Universidade Autónoma, arraigada no terreo,  e feita para e por o territorio, pero cunha visión moi ampla: miramos dende a referencia máis pequena, o nos entorno local, pero queremos participar en cambios globais porque só desa maneira acadaremos os obxetivos.