Realcode

Eixos da investigación

Os obxectivos globais da rede concrétanse nas seguintes liñas de actuación e investigación:


 

  1. Estudo das expresións culturais e da xeración de relatos verticais sobre a cultura. En contraposición, análise de certas pautas e recursos da chamada cultura popular.
  2. Análise dos procesos das industrias culturais e posicionamiento crítico respecto dos efectos das industrias chamadas creativas.
  3. Análise das experiencias en cooperación internacional, que deberían constituir un material de reflexión acerca das intencións do modelo de "desenvolvemento".
  4. Estudo das prácticas de "empoderamento" local e de "emprendedurismo", desde unha lectura máis aberta e social que as que propociona o mercado.
  5. Reflexión sobre o debate que presenta a relación entre a cidadanía e as novas tecnoloxías na comunicación e desenvolvemento.
  6. Análise dos discursos que sobre a cidade como representación emerxente xorden a partir da utopía global e a crise ás formas políticas nacionais e estatais.
  7. Atención ao relevo dos medios de comunicación, da mediatización e a mediación,  nas comunidades (concretamente, á nova visión que poden achegar as dinámicas de apropiación e a comprensión dos medios como lugares de encontro social).
  8. Análise estrutural da relación entre comunicación e desenvolvemento á luz da economia política da comunicación e da teoria crítica.
  9. Estudo das experiencias e métodos de comunicación en participación coas comunidades, en estreita relación co concepto de diversidade.
  10. Consideración da ética para a elaboración de boas prácticas profesionais de comunicadores e profesionais sociais, así como na formación de actores en comunicación.
  11. Análise da relación que a comunicación e o desenvolvemento manteñen con cada grupo humano atendendo ás súas condicións xeracionais e económicas, de cara a previr e diganosticar posíbeis dinámicas de marxinalización e deseñar estratexias de capacitación para a inclusión-integración dos colectivos.
  12. Análise dos discursos institucionais, políticos e profesionais desde unha perspectiva crítica. Así mesmo, análise do discurso xerado desde os movimentos sociais e desde as formulacións dos dereitos a comunicar. Re-elaboración ética, deontolóxica e de boas prácticas sociais, profesionais, políticas e comunicativas.
  13. Análise desde os modelos metodolóxicos de redes sociais.
  14. Análise dos relatos, repertorios e reflexións sobre a outredade.
  15. Mapeo de fluxos culturais e sociais nos espazos de "fronteira".
  16. Análise sobre a organización da cultura, os seus operativos e efectos comunicativos, políticos, sociais e económicos.

 

 

Trátase, xa que logo, dunha revisión ampla e aberta, tanto das situacións sociais e comunicativas presentes, como dos seus posíbeis horizontes de futuro.