Realcode

CIDACOM (Cidadanía e Comunicación)

Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Os campos onde CIDACOM traballa actualmente refiren a varios focos de atención:

-o itinerario de tratamento do conflito e do cambio social nos medios de comunicación (mocidade, terceira idade, muller, migración, dependencia e discapacidade, paz, comunidade...)

-o  estudo e análise das capacidades, das técnicas e das formas expresivas da cultura e da comunicación (teatro, canon fílmico, escenografía fílmica e virtual, creación da imaxe institucional ou identitaria, medios comunitarios) e a súa aplicación ao desenvolvemento de políticas que xeren competencias culturais e comunicacionales na industria (audiovisual, mediática,..), a administración (políticas públicas de comunicación e cultura, creación e xestión pública de recursos comunicativos e de imaxe) e a sociedade civil (terceiro sector, grupos en marginalización, recepción e consumo ...).