Realcode

ESOMI (Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais)

Universidade da Coruña (UDC)

ESOMI ten a súa sede na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e dende o ano 2006 forma parte do programa de "Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas" da Xunta de Galicia. O seu obxectivo principal é liderar investigacións de alta calidade no ámbito das migracións internacionais e que dende unha perspectiva sociolóxica permitan avanzar no coñecemento teórico desta área e que sexan de utilidade para a planificación de políticas públicas. Ademais, ESOMI é un grupo que ten unha finalidade formativa, xa que dirixe o Máster Oficial de Migracións Internacionais e nos últimos anos os seus membros dirixiron diversas teses doctorais.

http://esomi.es/index.php