Realcode

HI2 (Procesos sociais e desenvolvemento rural e urbano)

Universidade de Vigo (UVigo)

O grupo tense centrado en distintos ámbitos de traballo, como son o estudo das politicas culturais, os usos e representacións dos montes e bosques realizadas polos distintos axentes sociais, a organización dos sistemas de saúde, as estratexias de desenvolvemento do comercio local fronte á concurrencia dos novos formatos comerciais, e os procesos de cambio na esfera do traballo e a educación.


Dentro de REAL_CODE, a sua achega principal será a incorporación da análise sociolóxica á interpretación das relacións entre comunicación e desenvolvemento, a aplicación de metodoloxías de pesquisa e de intervención social no estudo e avaliación dos procesos de comunicación encamiñados ao cambio social.